Comunicado do Consorcio Provincial de Bombeiros

As centrais sindicais representativas (CCOO, UGT, CSIF, SIBGAL e CIG)
no Consorcio Provincial de Bombeiros da provincia de Lugo informan:

Nos últimos días empresas de seguridade están a visitar os parques de bombeiros para a instalacións de cámaras de vixilancia.

Este feito tensa aínda  máis a relación laboral dos bombeiros co Consorcio presidido por Tomé Roca, posto que, en 12 anos de servizo non foron capaces de contratar unha empresa de mantemento para reparar as distintas humidades das instalacións, aseos que levan meses sen funcionar, duchas avariadas, goteiras por todos os lados etc…
¡Os parques están a caer a anacos! E agora, a tres días do inicio da folga aparecen empresas de seguridade para tentar intimidar aos traballadores.

Unha frase moi soada na xornada de hoxe foi: “necesitamos un fontaneiro  dende fai anos, non cámaras de vixilancia”.

A tensión laboral é froito do descontento do persoal coa entidade, afirmamos  que o servizo funciona grazas á vontade dos traballadores e que dende a administración nada se fixo nos últimos anos. Recorte tras recorte os bombeiros vímonos obrigados a ir á folga. A día de hoxe o Consorcio non paga a antigüidade recollida en convenio nin se actualizaron as táboas salariais dos últimos anos acordes aos presupostos xerais do estado. Agora os traballado

Unha das medidas de presión aprobada en asemblea é a non realización de horas extra.  E  seguros de que esta medida vai poñer en graves apuros económicos aos profesionais que prestan servizo, xa que,  detrás dos bombeiros temos a  imaxe de pais desesperados
que ven como o ridículo salario (pouco máis de 1000€) non é suficiente para darlle de comer aos nosos fillos.

É  certo  que  nos  últimos  días  apareceron  pintadas  nalgúns  parques,  das  cales  tanto sindicatos como comité de empresa amosan total rexeitamento a tales feitos. A solución ao conflito resolveráse na mesa de negociación, a escusa da administración na última reunión era a falta de presuposto, pero agora, e dun día para outro si teñen orzamento para a instalación das cámaras nos seis parques co fin de intimidar aos bombeiros, apuntan dende as centrais sindicais.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com