O 8 de marzo de 2024, día Internacional da Muller, o Foro Feminista de Lugo convoca á cidadanía á lectura do seu manifesto ás 20,30h diante do Concello.
Concentrarémonos ás 19, 30 na Porta Falsa.
Lembramos a loita das mulleres que nos precederon e para defender a axenda feminista, a denuncia da violencia contra das mulleres que ten nos feminicios o seu máis alto alcance, 1 asasinato dunha muller cada 3 días no ano 2023 e a violencia sexual que aumenta dun xeito insoportabel.
Somos abolicionistas da prostitución, da pornografía, dos ventres de aluguer e do xénero. O feminismo é internacionalista e ningunha tradición está por riba dos nosos dereitos. Neste día internacional denunciamos o xenocidio que padece Palestina sen esquecer o sufrimento das mulleres que viven baixo rexímenes opresivos.
ESIXIMOS
- Políticas públicas contra a fenda salarial
- Contra a cultura da violación . Lei abolicionista do sistema prostitucional e da pornografía.
- Uns servizos públicos de calidade.
- A anulación da Instrución de 5 de outubro de 2010 que permite a filiación dos nacidos por explotación reprodutiva.
- Dotación adecuada da rede de Centros de Información á Muller na nosa provincia
- Creación dos centros de crise 24 horas xa dotados orzamentariamente.
- Que os recursos do Pacto de Estado sexan investidos na loita contra as violencias machistas.
- Coeducación e ensino afectivo sexual.
- Retirada dos artigos legais, protocolos e proxectos de lei que establezan a autoidentificación rexistral de sexo.
- Creación dun Xulgado específico de Violencia de Xénero en Lugo.
Fátima Pérez Calderón