Comunicado polos 5 asasinatos machistas desta fin de semana

Desde a Asociación Si, hai saída manifestamos, como non podería ser menos, a nosa mais contundente condena ante os 5 asasinatos machistas cometidos durante a pasada fin de semana, e trasladamos todo o noso pésame e agarimo ao seres queridos das mulleres asasinadas, cunha lembranza moi especial para as dúas menores que en Sabadell foron testemuñas do asasinato da súa nai.

Así mesmo, non queremos deixar de expresar o noso rotundo e absoluto rexeitamento ante os consabidos minutos de silencio e as mais que manidas “manifestación de repulsa” institucionais, obviamente inútiles, e que, lonxe de ser unha homenaxe as vítimas, constitúen un insulto e unha aldraxe a súa memoria, xa que é obvio que, ademais de ser inútiles, son un intento de tapar a realidade e de maquillar o que se está a facer mal, como a mais que evidente desprotección a que están expostas as vítimas de violencia machista e os seus fillos, e o desleixo por parte de moitos daqueles cunha responsabilidade directa no que a isto atinxe na procura de solucións reais, malia ser perfectamente coñecedores de onde radica gran parte da orixe desta masacre de mulleres que estamos a sufrir, conseguindo, co seu hipócrita proceder, que a violencia machista non deixe de medrar, entre outras razóns, polo efecto chamada da sensación dunha case total impunidade dos feminicidas, ademais de desperdiciar recursos, como son os inxentes gastos en campañas, “estudios”, etc, etc, que, por si sos non serven absolutamente de nada, coa única finalidade de xustificar o inxustificable.

Respectamos profundamente as persoas que asisten de corazón a estas concentracións, que, obviamente, as hai, pero, do mesmo xeito, consideramos que é unha auténtica desvergoña por parte de representantes de certas institucións que fan a vista gorda ante as gravísimas neglixencias en canto a asistencia e protección das vítimas, mais preocupados pola súa imaxe e por conservar os seus cargos que por chegar ao fondo da orixe desta gravísima lacra e actuar en consecuencia.

Asociación Si, hai saída

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com