A Asociación Cidadá contra a Letra Pequena – CON LUPA, organiza un acto público, aberto e de balde, para informar sobre as consecuencias da creba do Banco Popular/Banco Pastor e a súa compra por un euro polo Banco Santander: a perda, por parte dos accionistas, de todo o seu capital e as posibles accións de tipo penal, civil e social que se poderían desenvolver a iniciativa das persoas afectadas.
O acto terá lugar esta tarde a partir das 20.00 horas, no Salón de Actos de Sindicatos de Lugo.
Neste acto intervirán Xesús Méndez, membro da Xunta Directiva de CON LUPA e Patricio Viveiro, avogado colaborador da Asociación e cunha ampla experiencia en procesos relacionados coas estafas bancarias.