Vinte casos máis que os comunicados inicialmente suben a 28 os positivos no brote detectado nun edificio de Monforte de Lemos. Así o deu a coñecer este mércores a Conselllería de Sanidade, logo de levarse a cabo 70 probas PCR.
Con estes datos e ante esta situación o Concello de Monforte de Lemos decidiu suspender a Feira do Libro que estaba prevista a súa celebración entre os días 26 e 29 de agosto.