Conceden o Premio Babel de Literatura 2025 a Claudio Rodríguez Fer

O Grupo Fotocinematográfico Fonmiñáde Lugo, congratúlase da concesión do Premio Babel de Literatura 2025 da Universidade de Texas (U.S.A.), ao escritor lucense Claudio Rodríguez Fer, pola calidade excepcional da súa obra, e a importante contribución ao mundo da creación literaria.

A transcendencia da obra do profesor Rodríguez Fer, director da cátedra José Ángel Valente da U.S.C., Premio Nacional da Crítica e Doutor Honoris Causa pola Universidade de Rennes, tenlle outorgado premios en Rumanía, Francia, e agora nos Estados Unidos, onde foi profesor visitante, sendo a primeira vez que este galardón é concedido a un escritor español.

Fonmiñá recoñece a Claudio Rodríguez Fer como un dos seus colaboradores máis distinguidos, sendo un fondo coñecedor do cine e das xentes do cine, e tendo participado en numerosas actividades publicacións e homenaxes organidado polo Grupo, especialmente con motivo das Semanas de Cine de Lugo.

Para Claudio Rodríguez Fer, os nosos parabéns, a xeral satisfacción dos nosos asociados, e o agradecemento por todo o seu traballo e colaboración

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com