A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico do Concello de Lugo, Ana Prieto, acompañada dos alumnos e alumnas do obradoiro municipal de emprego EmpregaTIC, fixo balance do que foi este taller, dividido nas especialidades de Xestión de Márketing e Comunicación e Desenvolvemento de Produtos Multimedia Interactivos.
A edil destacou a importancia deste tipo de proxectos, que fomentan a aprendizaxe a través da práctica, e que permiten aos participantes a obtención de certificados de profesionalidade oficiais, un valor engadido para o seu curriculum.
Ademáis, Prieto asegurou que o EmpregaTIC cumpriu un dobre obxectivo, por unha banda mellorar as posibilidades de inserción laboral dos 15 mozos e mozas participantes nun xacemento de emprego como son as novas tecnoloxías, e, por outra, poñer en valor o patrimonio documental, natural e histórico de Lugo.
O taller comezou o pasado 29 de setembro no Centro de Empresas e Innovación do Concello de Lugo (CEI-NODUS) e está financiado pola Xunta de Galicia. Segundo asegurou Ana Prieto, grazas a el púxose en valor e difundiuse o patrimonio documental e histórico do municipio, dixitalizado e recuperado por obradoiros anteriores como Urbs Lucus, Arqueo Lucus ou A Memoria da Cidade.
Para logralo, as dúas especialidades traballaron de forma coordinada desenvolvendo contido e material gráfico, e planificando a súa difusión.