O Concello acondicionará, dende mañá, o entorno do Cuartel de San Fernando

O Goberno de Lugo iniciará mañá as obras de acondicionamento dun novo espazo público na cidade, en concreto trátase do entorno do Cuartel de San Fernando. A Alcaldesa, Lara Méndez, e o Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, supervisarán o arranque das actuacións, que consisten na derruba da lavandería do Cuartel e a creación no terreo resultante dun área de esparexemento de preto de 1.000m2 en pleno centro da cidade, ao carón dun dos patrimonios máis emblemáticos de Lugo.

O orzamento deste proxecto, que foi redactado pola empresa municipal EVISLUSA , é de 15.000€ e o prazo de execución dun mes. Os traballos comezarán pola demolición completa do anexo coñecido como lavandería e a galería de comunicación deste co edificio do antigo Cuartel e, posteriormente, unha vez realizadas as tarefas de desentullo e limpeza, na explanación, nivelación e acondicionamento da totalidade da parcela.

Segundo figura no proxecto, o novo espazo público de esparexemento ao carón do Cuartel de San Fernando acondicionarase con grava en distintos tons de gris, céspede e lastras, e contará cunha vintena de bancos. “Optamos por unha solución sinxela, posto que prevemos un uso provisional ata a rehabilitación do Cuartel como Museo da Romanización, polo que seguimos apostando”, explicou Piñeiro, quen destacou así mesmo que todos os pavimentos e acabados “drenan, o que evita a necesidade de canalizar as auga superficiais co fin de favorecer o aforro enerxético e a sustentabilidade ambiental”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com