O Concello aumenta nun 6% as horas do servizo de axuda no fogar

O voceiro do Concello de Lugo, Miguel Fernández, informou de que a Xunta de Goberno aprobou na sesión de hoxe aumentar nun 6% as horas do servizo de axuda no fogar, o que sumaría a este servizo 8.854 horas máis, o que implica preto de 126.000 euros máis de orzamento ao ano nunha prestación que en total suma deste xeito 163.160 horas e un investimento de 2,3 millóns de euros anuais. Este incremento permitirá ampliar a cobertura do servizo de axuda no fogar do Concello a máis persoas con dificultades para realizar as actividades básicas da vida diaria.

Por outra banda, a Xunta de Goberno acordou adxudicar á mercantil Alenti Soluciones para Eventos SLU a prestación das actividades de animación socioculturais para desenvolver pola área municipal de Xuventude por importe de 22.000 euros e prorrogar por un ano o contrato a esta mesma empresa para a prestación do servizo de producción, apertura e vixiancia para a celebración de espectáculos e actividades no auditorio Gustavo Freire, os servizos de producción no MIHL e de actividades na rúa e outros lugares organizadas pola Concellería de Cultura.

Así mesmo, prorrogouse por un ano o contrato coa mercantil Locus Avis para a realización dun plan integral de control de estorniño na cidade. Na sesión de hoxe, tamén se aprobou encargar á empresa pública EVISLUSA a redacción do proxecto para executar de maneira subsidiaria as obras de rehabilitación do edificio número 4 da rúa Tinería.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com