O Concello celebra o Ano Europeo do Patrimonio Cultural cun ciclo de conferencias

Os Concelleiros de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, e de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, presentaron hoxe no Salón de Plenos os actos organizados este 2018 polo Concello para conmemorar o Ano Europeo do Patrimonio Cultural, unha programación que arrancará neste mes, o día 25, co ciclo de conferencias Desenterrar o Pasado. Un Percorrido pola Arqueoloxía de Lugo.

O obxectivo, subliñou Piñeiro, é “poñer en valor o rico patrimonio arqueolóxico da cidade e a súa importancia dende o punto de vista histórico”, así como contribuír a acadar os catro grandes obxectivos fixados para o Ano Europeo do Patrimonio Cultural: “compromiso, pois o patrimonio cultural perténcenos a todos; sostibilidade, turismo responsable e sostible entorno ao patrimonio cultural; e protección e innovación”.

O ciclo Desenterrar o Pasado. Un Percorrido pola Arqueoloxía de Lugo permitirá desenvolver un foro de análise e de diálogo entre os profesionais do sector (arqueólogos, xestores patrimoniais e guías) e a cidadanía en xeral no que se poña en valor o traballo desenvolto no referente á recuperación do importante patrimonio arqueolóxico que atesoura a cidade.

Na iniciativa participan expertos en arqueoloxía de primeiro nivel, entre eles o arqueólogo municipal Enrique González e a anterior xefa de servizo, recén xublilada, Covadonga Carreño. Consta de 9 conferencias de acceso libre e gratuíto.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com