O Concello colabora cun proxecto para a eliminación de especies invasoras

A Concellería de Desenvolvemento Sostible e Persoal do Concello de Lugo, que dirixe Daniel Piñeiro, informa de que o vindeiro martes de 12:00 a 14:00 horas aproximadamente se realizará unha xornada divulgativa e demostrativa de voluntariado para a eliminación de plantas alóctonas invasoras. O Concello colabora deste xeito cun proxecto galego, impulsado polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA).

Esta actividade, que contará coa participación de alumnos e alumnas do CEIP Rosalía de Castro, terá lugar na parcela de titularidade municipal próxima aos campos de fútbol do barrio de Montirón, onde se realizará unha actuación de eliminación de Conyza canadensis. Preténdese acadar a participación e o compromiso da cidadanía na conservación do medio ambiente e a promoción da sustentabilidade ambiental.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com