O Concello continúa co Plan de Roza das pistas da zona rural

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, informou este mércores da evolución do plan de bacheo e do de roza no rural, que o Concello está levando a cabo en toda a rede viaria das 54 parroquias, e dos que se ocupa tanto a brigada municipal como empresas contratadas.

Segundo o edil, xa culminou o desbroce en 13 parroquias: Bocamaos, Coeses, Cuíña, Meilán, Monte de Meda, Pías, Piugos, Prógalo, Recimil, Saá, Soñar, Teixeiro e Torible. Actualmente, estanse executar os traballos nas parroquias de Santa María de Bóveda e San Salvador de Outeiro.

O Plan de Roza das pistas da zona rural do municipio, que conta cun orzamento de 97.300 euros, arrincou no mes de xullo e prolongaranse neste mes de agosto ata chegar á totalidade das estradas municipais asfaltadas das 54 parroquias rurais.

Por outra banda, as tarefas de bacheo e rexeneración de firmes das estradas, acometidas pola brigada municipal, estanse desenvolvendo na actualidade na parroquia de Recimil e nos vindeiros meses, continuarán estes traballos ata completarse en todos os núcleos rurais, que suman un total de 1.000 quilómetros de pistas.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com