O Concello, convidado ao Congreso de Mercados Sostibles de Coruña

O Concello de Lugo participará este xoves en A Coruña no I Congreso de Mercados Urbanos Sostibles. Trátase dunha iniciativa organizada polo Concello de A Coruña, no que intervirán representantes de distintos municipios galegos, así como de Barcelona, Valencia, Madrid ou Zaragoza.

Baixo a mesa redonda Estratexias de Mercados, na que intervirá Lugo, porase en valor o papel dos Concellos como deseñadores de estratexias para mercados urbanos que misturan a innovación e a tradición. Tamén se tratarán os valores transversais dos mercados urbanos, tales como o turismo, a reactivación do comercio de proximidade e os espazos de inclusión sociocultural.

A Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, asistirá ao encontro invitada pola entidade local coruñesa, "sabedores de que temos accións dinámicas encamiñadas a aumentar o público obxectivo “tanto do Mercado Municipal como da Praza de Abastos. A edil lembrará a historia do mercado, así como as útlimas actuacións que se levan feito nel, dende a remodelación ata accións de dinamización e divulgación de todo o que temos no mercado "que é moito e de moi boa calidade”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com