O Concello convoca o alugueiro de 3 vivendas para persoas con mobilidade reducida

A Xunta de Goberno aprobou este mércores abrir unha nova convocatoria para solicitar o alugueiro de tres vivendas adaptadas para persoas con mobilidade reducida na Casa Domótica coa que conta o Concello na rúa Leiras Pulpeiro da cidade. Segundo informou o voceiro municipal, Miguel Fernández, “o Executivo deu luz verde hoxe aos pregos de prescripcións técnicas e cláusulas administrativas particulares, e á apertura do procedemento de contratación do alugamento das tres vivendas, situadas nos andares un, dous e cinco do devandito edificio. O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais contados dende a publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial da Provincia (BOP), anuncio que tamén será colgado no Perfil do Contrtante.

Cada un dos pisos, cunha praza de garaxe adaptada, ten unha superficie total de 88,70 metros cadrados, que se distribúen en dúas habitacións, unha das cales ten capacidade para dúas persoas en cama dobre de 1,50 metros e para mobiliario alternativo, amplo corredor adaptado para facilitar o xiro das persoas con mobilidade reducida, tendedeiro adaptado e cociña con mobiliario móbil patentado e adaptado a diversas discapacidades, así como cuarto de baño adaptado.

Os prezos de aluguer oscilarán entre os 159,46 euros e 207,29 euros mensuais, renda que se fixará en función dos ingresos ponderados anuais totais da unidade familiar ou de convivencia acreditados no proceso de adxudicación. As vivendas alugaranse por un período de catro anos, con opción de prórroga por un máis.

Os requisitos para poder acceder a unha destas vivendas adaptadas é ser maior de idade e menor de 60 anos, ter plena capacidade de obrar e ter unha discapacidade física do 33% ou máis, ser pensionista da seguridade social cunha pensión de incapacidade permanente absoluta ou gran invalidez, e sempre con mobilidade reducida. Será necesario residir no concello de Lugo e acreditar a necesidade dunha vivenda. Os baremos que se terán en conta para a adxudicación están baseados nas circunstancias persoais e familiares, situación económica, grao de discapacidade, así como as condicións de habitabilidade da vivenda na que residan os solicitantes, tal e como explicou o voceiro municipal.

Servizo de comedor

A Xunta de Goberno tamén acordou a delegación de competencias no Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, para a adxudicación dos contratos de prestación de actividades extraescolares e de comedor escolar, así como a declaración de urxencia da tramitación do devandito expediente, co fin de “axilizar os trámites e chegar en tempo e forma ao inicio do curso escolar”, asegurou o voceiro municipal. Na actualidade, estanse a celebrar as mesas de contratación de valoración

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com