O Concello cortará as rúas Pena do Rei e Otero Pedrayo para instalar unha grúa

O Concello de Lugo informa de que durante o domingo, 10 de setembro, vaise proceder ao corte da rúa Otero Pedrayo, no tramo comprendido entre a rúa Oribio e rúa Río Sil, ao autorizarse a instalación dunha autogrúa e un camión caixa fronte ao inmoble nº 59.

As persoas usuarias das entradas de vehículos legalmente sinalizadas que se vexan afectadas polo corte de tráfico, recibirán con suficiente antelación información por parte da empresa que executa a ocupación, indicándolles as rutas de entrada e saída dos vehículos por un ou outro extremo da rúa, ao igual que aquela/s que pola súa ubicación resulte imposible compatibilizar o acceso á mesma ou mesmas. A empresa terá operarios sinalistas que informarán e filtrarán os dierentes accesos garantindo en todo momento a seguridade das persoas usuarias da vía.

Durante o sábado 9 de setembro vaise proceder ao corte da rúa Pena do Rei, ao autorizarse a instalación dunha autogrúa fronte ao inmoble Nº4. As persoas usuarias das entradas de vehículos legalmente sinalizadas que se vexan afectadas polo corte de tráfico recibirán con suficiente antelación información por parte da empresa que executa a ocupación, indicándolles as rutas de entrada e saída dos vehículos.

A empresa terá operarios sinalistas que informarán e filtrarán os diferentes accesos garantindo en todo momento a seguridade das persoas usuarias da vía.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com