O Concello de Foz recibe a mostra itinerante ‘Nós+outrxs en rede’

A Deputada de Recadación Económica e Facenda, Mayra García Bermúdez, inaugurou este mércores a mostra itinerante Nós+outrxs na rede, que estará exposta ata o 8 de outubro, no CENIMA (Centro de Interpretación da Mariña) de Foz. Fíxoo xunto ao Tenente de Alcalde de Foz, Pedro José Fernández Martín, á Coordinadora da exposición, Encarna Lago, e a varios autores desta exposición colectiva.

García Bermúdez sinalou que “dende o Goberno da Deputación programamos durante todo o ano nos Concellos da provincia, exposicións, obradoiros e actividades que promoven e defenden a igualdade, como o proxecto Nós+outrxs na rede, ao mesmo tempo que dinamizamos a vida nas vilas e difundimos o traballo dos artistas lucenses por toda a provincia”.

Trátase dunha colección de máis de 140 obras, que conta coa colaboración do municipio focense, na que participan 17 artistas que propoñen microproxectos individuais, produto das súas particulares reflexións arredor das problemáticas de xénero. Este proxecto colectivo, estivo exposto nos 4 museos da Rede Museística da Deputación; Museo Provincial de Lugo, Pazo de Tor, Fortaleza de San Paio de Narla e do Mar, en Chantada e Lourenzá.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com