O Concello de Lugo colaborará coa Xunta para a xestión dos Comedores Escolares

A Xunta de Goberno celebrada esta mañá no Concello de Lugo deulle luz verde ao convenio de colaboración coa Consellería de Educación para a xestión de oito comedores escolares. O Concello asume a prestación e o financiamento do servizo, e a Consellería achega unha colaboración económica para este fin dun total de 89.000 euros dividido en tres anualidades. Trátase dos comedores dos colexios de Albeiros, Anexa, As Mercedes, Illa Verde, Menéndez Pelayo, Luis Pimentel, Rosalía de Castro e Sagrado Corazón.

Tal e como indicou o Voceiro Municipal, Miguel Fernández, trátase dun servizo educativo de caracter complementario que “destaca pola súa función social, no senso de favorecer a conciliación da vida familiar e laboral”. 

Na sesión deste mércores tamén se adxudicou a Recitor e Sanilu S.L. o alugueiro e mantemento diario de 10 cabinas sanitarias en zonas verdes públicas do municipio por un período de catro anos, prorrogable por outros dous, cun importe anual de 29.040 euros. As cabinas sanitarias estarán situadas nas localizacións actuais, en zonas de tránsito como son ao carón do local social de Montirón, no Parque do Miño (zona da ponte branca), parque do Sagrado Corazón, parque Fonte dos Ranchos, na Carballeira de Fingoi, preto da pasarela peonil do parque do Miño, na zona das piscinas de Frigsa, no entorno da Fábrica da Luz e no parque Marcos Cela. Entre as melloras, tal e como explicou Fernández, atópase o compromiso de 2 limpezas diarias, os 365 días do ano á totalidade das cabinas, e unha limpeza mensual con auga quente a presión.

O voceiro municipal aproveitou, de novo, esta rolda de prensa para volver a solicitar á Xunta de Galicia que remita o convenio do proxecto da Residencia e o fagan axustado á dereito.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com