O Concello de Lugo plantexa os ‘Vieiros Escolares-Vieiros Seguros’

O Concello de Lugo plantexou hoxe a iniciativa ‘Vieiros Escolares- Vieros Seguros’, unha petición que leva tempo reclamando algún grupo da oposición e que axudará non só a reducir os problemas de tráfico nas contornas dos centros de ensino, senón tamén a impulsar a independencia dos nenos á hora de ir á escola, camiñando en grupo.

Así o anunciou a alcaldesa da cidade, Lara Méndez xunto co edil de Educación, Manuel Núñez.  Lara Méndez asegurou que o proxecto destes itinerarios xa fora iniciado na época do exalcalde Orozco, e dende a concellería de educación o queren retomar nestes intres para, afirmou, “achegarse máis ao modelo de cidade que queremos: máis peonil e dinámica”. 

Para a rexedora, trátase dun proxecto de “facer cidade, aberto, divertido e transversal, que considera o camiño casa-cole como un lugar de aprendizaxe e un espazo ideal para o desenvolvemento das habilidades dos nenos e nenas, a súa autonomía e a súa responsabilidade, así como a súa socialización”. Pero ao mesmo tempo este proxecto terá como finalidade a recuperación do dereito da infancia ao disfrute de Lugo.

Vieiros escolares-vieiros seguros é unha iniciativa que está destinada a impulsar a recuperación do espazo público como un espazo de relación e convivencia, unha maneira innovadora e participativa de abordar a educación cara a mobilidade, e un itinerario seguro dos nenos e nenas polas rúas de Lugo para desprazarse das súas casas ata o colexio. Isto farase a través dun plan de acción, consistente en intervir eses camiños con accións solidarias, cooperativas e comunitarias, tal e como deu a coñecer a rexedora.

Para elo, o primeiro paso será o de escoitar aos escolares. Por eso, os vindeiros días, a entidade local enviará a unha trintena de colexios e institutos unha enquisa de primeiro contacto -para nenos e nenas de 1º a 6º de primaria e de educación secundaria- sobre os seus hábitos de desprazamento ao colexio, que todos os que estén interesados deberán remitir novamente ao Concello. Unha vez recollidas estas impresións, cada centro terá un propio rueiro, baixo as indicacións técnicas do Gabinete de Tráfico da Policía Local de Lugo.

Autobús gratuito

E noutro orden, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, anunciou que mañá venres as viaxes no bus urbano serán gratuítas durante toda a xornada para todos os usuarios con motivo da conmemoración do Día Mundial sen Coches. Méndez explicou que a medida enmárcase no compromiso do Goberno pola mobilidade urbana sostible, pois “o obxectivo é incentivar o uso do transporte público en detrimento do privado aumentando a conciencia cidadá sobre a contaminación acústica e ambiental que xeran os vehículos”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com