A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, anunciou esta mañá que a ponte de pedra sobre o río Masma, localizada na parroquia de Viloalle, será arranxada grazas a colaboración entre o Concello e a Xunta de Galicia.
A rexedora local explica que esta histórica infraestrutura necesita dunha intervención “que permita manter no mellor estado posible a súa estrutura, dado o deterioro que foi sufrindo co paso do tempo”. En concreto, Candia precisa que se actuará sobre as pedras rotas que presenta a construción co obxecto de “garantir a consolidación da estrutura”.
O Concello de Mondoñedo xa actuou o pasado ano na contorna da ponte de pedra coa finalidade de poñer en valor esta localización. Así, a alcaldesa lembra que daquela realizáronse labores de limpeza e desbroce nas dúas marxes da estrutura construíndo na zona, incluso, un banco de descanso para os pescadores.