Concello e ABANCA ofrecen unha APP gratuíta para facilitarlle á veciñanza o pago de impostos locais

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o Director Territoral de Abanca en Lugo, Walter Álvarez, o Director de Banca Institucional e o Director de Innovación desta entidade, Santiago Novoa e Eduardo Aldao, respectivamente, presentaron este luns unha nova aplicación móbil para facilitarlle á veciñanza o pago de impostos locais a través de smartphones ou tablets, sen custo adicional, nin para o Concello nin para os lucenses.

Trátase pois, dunha aplicación informática que permitirá ás persoas contribuíntes o pagamento de recibos, para o que soamente será necesario ter descargada esta aplicación e dispoñer dunha tarxeta de débito ou crédito. No acto de presentación deste novo servizo, na que tamén estivo presente a Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, a rexedora destacou que esta APP é “un avance máis no pago telemático, para facelo máis doado e accesible, e que se suma ás ferramentas de pago online que ofrece o Concello dende o 2009”.

Ademais, subliñou a aposta do Concello pola aplicación da e-administración, por facilitarlle á veciñanza as xestións administrativas, e lembrou que Lugo é cidade beneficiaria do Lugo Smart City, cun orzamento de 4,1 millóns de euros para converter Lugo en cidade intelixente e sostible. Así mesmo, incidiu na colaboración público- privada para desenvolver iniciativas en beneficio da veciñanza, como é esta aplicación.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com