Concello e Club Fluvial organizan os XV cursos de piragüísmo para rapaces

O concello e o Club Fluvial organizan os XV Cursos de Piragüismo para rapaces e rapazas dende os 8 anos. Así o deu a coñecer este mércores o Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, quen subliñou que grazas a esta actividade, “os máis cativos poderanse iniciar neste deporte tan arraigado na cidade nunha contorna natural como é o Miño”. Ademais, estes cursos permiten competir nas diversas modalidades do piragüismo, podendo alcanzar cotas máis altas.

Todos os interesados en participar deberán saber nadar como mínimo 50 metros. Poden recoller a solicitude de inscrición nas oficinas da Concellería de Deportes ou no Club Fluvial. A cota do curso será de 25 euros para adultos e nenos. Os cursos celebraranse por quincenas de luns a venres, arrincando o vindeiro día 16 de xuño.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com