O Concello de Lugo e a Confederación Hidrográfica concluíron xa a redacción do convenio co que se abordarán as actuacións necesarias para seguir avanzando no Plan Paradai, que permitirá que se poida avanzar cara a súa finalización.
O acordo ten por obxecto a execución dos estudos, proxectos e obras que permitan reducir o risco de inundacións provocadas polo río Rato na contorna da glorieta da rúa Serra de Meira. Así mesmo establécese o réxime da posterior entrega das obras para o mantemento e conservación das mesmas.
O investimento total para a execución das obras estímase en 650.000 euros, dos que a CHMS achegará 487.500 €, o que supón unha porcentaxe do 75%, e o Concello de Lugo aportará 162.500 € (25%). A Confederación Hidrográfica afrontará, con eses c
Correspóndenlle, tamén, á Confederación licitar, adxudicar e xestionar os contratos da obra e servizos precisos, así como as demais actuacións necesarias para executar o convenio ata a súa terminación definitiva así como realizar, unha vez rematadas as obras, a recepción das mesmas. Será responsabilidade municipal o mantemento e conservación das obras obxecto do acordo – segundo a repartición competencial sobre o dominio público que a lexislación de augas establece – e a aprobación do proxecto construtivo, redactado pola Confederación, de forma que substitúa ao outorgamento da licenza municipal, no caso de que esta resultase necesaria.