O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, mantivo un encontro cos traballadores e traballadoras das instalacións deportivas municipais que asisten ao primeiro dos cursos de primeiros auxilios que lles impartirá a Cruz Vermella de Lugo.
A primeira das materias impartidas nesta programación formativa é a referida ao uso dos desfibriladores semiautomáticos, toda vez que están instalados nas dúas piscinas cubertas municipais, Frigsa e As Pedreiras. Así, cunha duración total de 8 horas, este curso teórico-práctico, impartido por Manuel Veiga, ten como obxectivos fundamentais a universalización no manexo dos DESA en socorros e emerxencias, diminuír a mortaldade e secuelas froito das paradas cardíacas, difundir normas básicas para a prevención de enfermidades coronarias e a morte súpeta, así como aplicar de forma correcta e eficaz as técnicas da Reanimación Cardio Pulmonar (RCP).
En próximas datas, a concellería que dirixe Miguel Fernández ampliará a formación destes e doutros traballadores e traballadoras para salvagardar a seguridade e saúde dos usuarios de todos os centros deportivos municipais.