A Deputación de Lugo e o Concello saíron ao paso tras a publicación do proxecto de lei dos Orzamentos Xerais do Estado para este ano. A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, amosou este mércores a súa profunda decepción tras coñecer este documento, “pois deixa unha mensaxe clara: Lugo é un cero á esquerda para os Gobernos do PP na Xunta e no Estado”.
As dúas institucións, dirixidas polo PSOE, deixaron ver o seu disgusto esta mañá. Lara Mendez subliñou que “hoxe é un día triste para Lugo e moi decepcionante para os lucenses” porque pódese ver que o compromiso do PP coa cidade de Lugo “é de cero euros”.
Tamén o voceiro da Deputación, Álvaro Santos Ramos, afirmou que Lugo conta “con cero euros” para avanzar na estación intermodal sen a cal “o AVE non chegará a Lugo ata máis alá do 2020”. Santos Ramos cualificou de miserable o 0,8% do presuposto xeral que pertence a Lugo e criticou que o Goberno Central non prevea destinar cartos ás estradas da provincia, ou destine, para algunhas, tan só cantidades que “dan para un estudo”.
O investimento en Galiza diminúe nun 32% nos orzamentos, que para a provincia lucense son os máis baixos dos últimos 10 anos e non contemplan ningún compromiso tanxible coa cidade.
Lara Méndez incidiu en que os lucenses sinten decepción porque o Presidente da Xunta e o PP xeraron expectativas e ilusión, “e incluso o señor Feijóo se sumou á moda da ruta da moqueta, indo en tres ocasións a Madrid para buscar o compromiso da nova Comisaría de Lugo, no barrio da Residencia, a que agora adican cero euros”.
Asemade, a alcaldesa resaltou que “máis ca nunca urxe a comisión de seguimento do protocolo para implantar a Intermodal que o ente local solicitou recentemente, para que aínda se estea a tempo de que este orzamento inclúa algunha partida”.
Ambas institucións pediron ao PP, tanto municipal como provincial se comprometan con Lugo facendo un esforzo para suplir nos orzamentos as carencias da Xunta e do Estado.
Estas non foron as únicas declaracións que fixeron os grupos municipais e provinciais. Mentras a voceira do PP provincial, Elena Candia, resaltaba o compromiso do PP e de Rajoy con Lugo, que demostran estos orzamentos e afirmou que eran bos para a provincia. Tamén favorables a este proxecto se mostraron os compoñentes de Cidadáns Lugo, quen ademáis destacou a contribución do seu partido nas contas públicas.
En contra tamén dos Orzamentos Xeráis do Estado mostrouse o BNG-AA no Concello de Lugo, que destacaron que estos “nefastos” presupostos supoñen unha discriminación para Galiza e que cen dado porque no Congreso “no hai ninguén que defenda a Galiza, dende que non está o BNG”.