Concello e Deputación promoven o xadrez cunha nova programación de actividades

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira xunto ao Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, e o presidente da asociación cultural Xaquedrum, Pablo Castro presentaron hoxe, na Sala de Usos Múltiples de Novas Tecnoloxías, unha nova programación de xadrez na que se inclúen actividades como: exhibicións, torneos sub 2200, xadrez na rúa e campamentos urbanos ao longo dos meses de xuño, xullo e setembro.

Durante o acto de presentación, Miguel Fernández agradeceu a asociación cultural Xaquedrum o traballo que vén realizando nos 22 anos de percorrido, promovendo o xadrez en Lugo, “un deporte que aporta un gran número de beneficios, como a axilidade mental ou a mellora na concentración”. Nesta liña, o edil animou a todas e todos os lucenses a participar nestas actividades, coas que “ofrecemos outras alternativas de lecer en espazos públicos”.

Ana Abelleira fixo fincapé nesta programación a prol da igualdade xa que “a través do xadrez, contamos cunha nova alternativa de igualdade, pois teremos con nós a Marta Quintás, que nos fará unha simultánea para visibilizar que todas as mulleres e nenas tamén poder participar”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com