O Concello instalará unha marquesiña na UNED e ampliará as do HULA

O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, deu a coñecer esta mañá que o Goberno de Lugo ampliará as dúas marquesiñas existentes xunto ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), co obxecto de garantir un espazo cuberto a todas as persoas que viaxan no autobus urbano, así como ás usuarias do servizo de taxi. Concretamente trátase de duplicar a marquesiña actual dos taxis e engadirlle un módulo á do bus.

Así mesmo, o Concello acometerá a fabricación e a colocación dunha marquesiña nas inmediacións do novo centro da UNED. Será unha marquesiña de dimensións 3,5 x 1,3 x 2,1 metros en aceiro, con vidro transparente. Incluirá un banco de madeira e teito de aceiro galvanizado e irá instalada sobre zapata de formigón existente.

Manuel Núñez apuntou que os veciños e veciñas están sempre no centro da xestión municipal, tanto en grandes proxectos como nas actuacións máis pequenas, pero imprescindibles para garantirlle unha calidade de vida óptima á cidadanía. Estas marquesiñas, que teñen un orzamento total de 13.000 euros -9.800 as do HULA e 3.250 a da UNED-, son actuacións que dan solución a necesidades da veciñanza, “e por pequenas que parezan, son importantes para mellorar o día a día dos e das luguesas”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com