O Concello procederá mañá mércores á limpeza das pintadas existentes na fachada do edificio da Casa Sindical, na Ronda da Muralla. Nas tarefas participarán catro operarios que se ocuparán de sinalizar a zona e garantir o paso dos peóns, e un traballador cunha máquina hidrolimpadora. Para realizar estes traballos, o Gabinete de Tráfico da Policía Local, xunto co servizo municipal de limpeza, estableceron unhas medidas para garantir a seguridade dos peóns e do tráfico.
Dende as 7:00 ás 13:00 horas cortarase ao transito de peóns a beirarrúa e as prazas de estacionamento pegadas ao edificio. Para elo, instalarase a correspondente sinalización e valarase a zona afectada. O corte da beirarrúa producirase dende as interseccións da Ronda da Muralla coa Rúa Castelao e coa Rúa Luis Cordeiro. Neses puntos haberá catro persoas que informarán do corte da beirarrúa e do itinerario alternativo.
As prazas de aparcamento que se suprimirán nesta franxa horario son as correspondentes á zona de carga e descarga e as dúas prazas de estacionamento para persoas con mobilidade reducida pegadas á fachada deste edificio.