O Concello ofrece a 20 mozos formación en materia de emprendemento

O Concello de Lugo iniciou esta mañá nas instalacións do CEI Nodus a segunda edición do Programa de Formación e Acompañamento para a Mellora do Emprendemento Xuvenil de Galicia (PROEMGA). A iniciativa, impulsada pola Fundación Galicia Innova, e financiada pola Fundación INCYDE e o Fondo Social Europeo, ofrece a 20 mozos desempregados e menores de 30 anos un programa de obradoiros formativos encamiñados a mellorar as súas posibilidades de inserción laboral  a través do emprendemento.

A Concelleira de Economía, Ana Prieto, agradeceulle á Fundación Galicia Innova a organización destas actividades
e mostrou a súa satisfacción “por acoller nestas dependencias municipais este proxecto, xa que o edificio foi rehabilitado para dedicalo as persoas desempregadas, ás que procuramos atender dedicando unha das mellores instalacións coas que conta o Concello, e que serven de referencia para moitas outras administracións”.

Deste xeito, a Concelleira subliñou que “o  CEI-Nodus está dedicado por completo ao emprendemento, e nel están aloxadas moitas empresas, cuxos emprendededores e emprendedoras son persoas mozas e dinámicas, que con esforzo se autoempregaron grazas aos proxectos que foron capaces de soñar e de sacar adiante”. Por outra banda, Ana Prieto lembrou que neste edificio tamén se atopa o Espazo de Orientación Laboral do Concello, EspazoLab.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com