O voceiro municipal, Miguel Fernández, aproveitou a mañá de hoxe para reclamar á Xunta de Galicia unha resposta ás propostas de convenio que o Concello de Lugo lle mandou ao ente autonómico para avanzar na apertura do novo Auditorio. Fernández asegura que o goberno local leva case dous meses, dende o 7 de xullo, esperando por unha resposta “que non da chegado” e pide “feitos concretos que vaian máis aló de maquetas e borradores”, facendo así referencia tamén ao proxecto do novo barrio da Residencia que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presentou hai un mes na cidade.
Noutro orde, o Concello de Lugo asegura que está a estudar implementar medidas extraordinarias de seguridade en zonas sensibles da cidade durante o San Froilan e que levarán a cabo tras unha solicitada reunión da Xunta Local de Seguridade. Ademáis aseguran que se levarán a cabo medidas en forma de protección estrutural que se manteñan no tempo e non se instalen soamente en momentos puntuais.