O Bloque Nacionalista Galego impulsa mocións nos concellos da comarca dos Ancares para proporcionar un servizo público de transportes ao alumnado que estea a cursar os seus estudos de bacharelato e formación profesional nos institutos da comarca.
Na actualidade, moitas familias da comarca teñen que adicar un enorme esforzo económico para garantir o ensino das súas fillas e fillos, ou directamente, teñen que marchar dos Ancares para continuar cos seus estudos en Lugo ou outras cidades.
A concelleira do BNG en Becerreá, Sabela Pérez, declarou “esta iniciativa do BNG axudará a garantir os dereitos educativos como a fixar poboación nos Ancares, xa que a única forma de frear o despoboamento é despregando servizos públicos adaptados ao territorio”
Sabela Pérez subliñou a repercusión económica desta iniciativa “supón unha axuda moi importante para as familias, xa que agora os gastos de desprazamentos son moi custosos e non reciben ningunha axuda para poder afrontalo, soamente para que a súa filla ou fillo poida recibir unha formación académica”.
A concelleira do BNG en Becerreá destacou o desprezo do PP á fronte da Xunta pola comarca “nos Ancares estamos a sofrer a discriminación da Xunta, e o exemplo máis claro é o desprezo do PP polo noso instituto cos recortes que lle está a aplicar, en vez de dotar de servizos a comarca, está a mingualos” declarou Sabela Pérez
O BNG presentará a moción esta semana ante en Becerreá, Navia de Suarna e Baralla.