Concentración de traballadoras da Residencia de Outeiro de Rei diante da Xunta

Traballadores/as e representantes da CIG de Lugo concentráronse esta maña diante do edificio da Xunta, en protesta polo despedimento de dúas traballadoras da residencia que Geriatros ten en Outeiro de Rei, Despedimentos que se suman aos doutras dúas traballadoras, a principios de ano, en todos os casos coincidindo con que se trataba de candidatas da CIG e en pleno proceso de eleccións sindicais.

A CIG de Lugo vén denunciando estes “claros casos de represión sindical” por parte de Geriatros e esixindo da Xunta de Galicia que adopte medidas contra a empresa. Asegura que estes despedimentos non responden a ningunha causa obxectiva e entende que a Xunta non pode permitir que empresas como esta, con concertos coa administración pública, neste caso a través de cheques asistenciais, vulneren dereitos fundamentais.

Por iso reclama da administración que vele polo estrito cumprimento da legalidade e que actúe con todas as súas capacidades fronte estas prácticas que son un “claro e descarado exercicio de represión sindical” e, como tal, demandará en vía xudicial.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com