Esta mañá usuarios do Centro Médico de Muimenta e persoas que se solidarizan con eles, convocados pola Asemblea Veciñal deste concello da Terra Chá, concentráronse diante do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, para esixirlle á Consellería de Sanidade que cubra as baixas dos médicos, tanto por baixas laborais como nos períodos de lecer, pois do contrario, “redúcense considerablemente as horas de consulta”
No manifesto que repartiron durante a concentración os compoñentes da asamblea, podíase ler: “Parécenos inadmisible esta decisión e por iso nos concentramos aquí, para esixir o normal funcionamento do Centro Médico cunha atención sanitaria digna e de calidade, conscientes de que a sanidade é un servizo básico indispensable á hora de manter a poboación no rural e dispostos a seguir tomando medidas que nos leven a recuperar a atención medica que xa tiñamos”. Conclúen