Mañá martes ás 12.30 horas a Plataforma proresidencia de Becerreá ten convocada unha concentración diante do Pazo de San Marcos, unha vez que finalice a votación da moción que se presentará ao Pleno do ente provincial, no sentido de que leven a cabo as xestións necesarias para a apertura da Residencia de Maiores de Becerreá. A loita dos veciños a prol de que se poña en marcha esta infraestrutura tan importante para a comarca dos Ancares non parece que vaia rematar ata conseguir unha data definitiva para a súa apertura.
