Concentración diante do vello hospital

Hoxe de novo houbo manifestación diante do vello hospital para reivindicar a súa reapertura con outros usos. Na concentración había representantes de case todos os partidos políticos. Psoe, Lugonovo, Cidadáns, Ace, así como representantes das asociacións de veciños, acompañaron aos veciños do barrio que  levan  meses demandando que non se abandonen as instalacións e que as mesmas se destinen a servizos sociais, sanitarios  ou asociativos. Isto  faría que a zona recobrase a actividade comercial e de servizos que tivo mentres o hospital estivo situado nesta parte da cidade. O barrio soporta na actualidade  un declive  moi importante por mor do peche do Xeral-Calde, xa que a maioría dos establecementos que había na contorna e que daban servizo aos numerosos/as usuarios/as  e traballadores/as da infraestrutura sanitaria  pecharon.

Durante a última campaña electoral todas as forzas políticas presentaron propostas para revitalizar a zona dándolle novos usos aos edificios sanitarios, mesmo o PP dixo que estudaban a posibilidade de instalar nos predios as dependencias da policía nacional.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com