Concentración dos veciños de Cervantes polo rexeitamento ao peche do consultorio de Doiras

A veciñanza de Cervantes mostraron o seu rexeitamento ao peche do consultorio de Doiras con unha concentración este sábado diante do mesmo.

Na mesma participaron membros de distintas asociacións de Cervantes asi como membros do PSOE, BNG e PP . Nesta concentración acordoulle a recollida de sinaturas para esixirlle á Xunta de Galiza a permanencia deste consultorio pois segundo a información trasladada polo conselleiro de sanidade no Parlamento, a Xunta non vai continuar prestando atención no consultorio de Doiras nos meses de xullo e agosto.

Até o de agora, o centro de saúde de Doiras viña prestando asistencia sanitaria de luns a venres entre as 10h e as 15h a un total de 238 persoas. Agora, esta poboación pode ter que desprazarse 18 quilómetros mais dos que xa fai agora. Unha distancia que en tempo se multiplica pola orografía do concello, chegando a desprazamentos de arredor de 40 minutos.

Esta situación é especialmente grave se se ten en conta que falamos dunha poboación de máis de 65 anos na súa maior parte que non dispón de servizo de transporte público.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com