Concerto da Banda Filarmónica de Lugo en Becerreá

O vindeiro día 19 de agosto ás 19 horas na Carballeira Municipal de Becerreá, ofrecerá un concerto a Banda Filarmónica de Lugo. A entrada será de balde e haberá cadeiras  para o público.

A Banda Filarmónica de Lugo, créase no ano 2013 por iniciativa do seu director, Iván Martínez Sabio, outros músicos da cidade, o apoio da Sociedade Filarmónica de Lugo e o Conservatorio Profesional «Xoán Montes». Ao longo destes anos alterna unha programación anual ordinaria na cidade con concertos en diversas localidades e mesmo en Portugal. A banda traballa con directores invitados e participa en cursos de dirección; ten gravado un disco.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com