Concerto da banda lucense “Beach Avenue” esta noite na sala Tebras

Os lucenses Beach Avenue ofrecen esta noite, a partir das 22:30h, un concerto de presentación do seu primeiro disco titulado “GRIT” na sala Tebras.

Beach Avenue é unha banda lucense composta por tres rapaces, Iñaki Santiso (batería), Yago Carreira  (guitarra e voz) e Lois Barreiro (baixo) que comparten a súa paixón pola música. A historia da banda remóntase a xaneiro de 2023, cando decidiron unir forzas para explorar a súa creatividade musical e expresar as súas ideas. No tocante a estilos musicais, Beach Avenue destaca por fusionar elementos de grunge, punke e nu metal nunha mestura única. Inspirándose nas vibracioóns melancólicas do grunge, a enerxía cruda do punk e a innovación sonora do nu metal, a banda crea un son distintivo que cautiva a unha nova xeneración. Todos os temas son composicións propias da banda.

Apertura de portas: 21:30h

Concerto: 22:30h.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com