Concerto de Nadal do Orfeón Lucense

O próximo venres, 22, o Orfeón Lucense, coro oficial da Catedral de Lugo, celebrará o seu anual Concerto de Nadal na capela do Bo Xesús, da S.I.C.B. No concerto, que comezará ás 20,45 h., estará acompañado polo pianista Adrián Arias.

O Orfeón, baixo a dirección do seu titular, Marcos Manuel Fernández Mosquera, ofrecerá neste concerto un amplo abano de cantos do Nadal, desde anónimos dos séculos XVI e XVII, e cantos de Francisco Guerrero ou Michael Praetorius, a cancións contemporáneas de destacados compositores europeos, pasando por cantos do Natal de Elvas (Portugal), ou cantos populares con versións

 

modernas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com