14,00 h.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, clausurará o III Congreso Internacional Aeronáutico e Espacial (CIAG). No auditorio Neira Vilas do edificio CINC (Monte Gaiás, s/n). foto xoán crespo 27/06/2019

Conde encabezará a candidatura do PP por Lugo

O actual conselleiro  de Economía e Industria Francisco Conde ( Monforte de Lemos,1968), será o número un da lista do PP ao Congreso pola provincia de Lugo. O actual Vicepresidente do Goberno Galego, que foi profesor na Universidade San Pablo CEU, incorporouse á Xunta como asesor de Núñez Feijóo, que o designaría conselleiro no ano 2012. Con este nomeamento, Conde terá que renunciar aos seus cargos na Xunta para poder presentarse ás eleccións do 23 de Xullo.

Coa marcha de Conde ábrese unha crise no  goberno da Xunta que podería  ser de máis calado que a substitución do propio Conde, segundo se está a comentar en circos  próximos ao PP de Galicia ñ. Todo apunta a que Rueda aproveitará a ocasión para realizar outros axustes e mesmo cambios.

De todos os xeitos é máis que posible que o PP de Lugo conte cun novo membro no consello da Xunta, xa que semella lóxico que os populares lugueses, non perdan a cota de poder que teñen na actualidade no citado consello.

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com