O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, acompañado pola secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, participou esta mañá na entrega aos colleiteiros dos premios da XXXIV edición da Feira do Viño de Quiroga, celebrada no Museo Etnográfico desta localidade lucense.
A feira vitícola de Quiroga, na que participan 12 colleiteiros do municipio, contribúe a promover os viños da denominación de orixe Ribeira Sacra, impulsando a dinamización económica e o atractivo turístico da zona, e favorecendo a consolidación dun sector estratéxico para a economía galega.
Asemade a súa compañeira no Goberno Galego Angeles Vázquez, Conselleira do Medio Rural, asistiu en Portomarín á Festa da Augardente, onde foi nomeada Dama da Orde Serenísima da Alquitara, no marco da XLVI edición desta celebración.
A Festa do Augardente de Portomarín é a decana das festas de exaltación gastronómica da provincia e ano tras ano promociona a mellor augardente do mundo, axudando así a crear riqueza e fixar poboación no rural, cousa da que está tan necesitada está a nosa provincia.