Conde salienta que a XERA dará valor á cadea industrial da madeira da Mariña

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou en Alfoz que a Axencia Galega de Industria Forestal (XERA) dará valor á cadea industrial da Mariña. Así o puxo de relevo no foro organizado por Novas Xeracións deste municipio, que preside Daniel Rejes, e que estivo clausurado polas presidentas provinciais do Partido e da agrupación xuvenil, Elena Candia e Rosa Arza, respectivamente.

No encontro, desenvolvido baixo o título Unha perspectiva do sector forestal noso val, tamén participaron o voceiro do PP neste municipio, Juan José Fraga, e os representantes de Hijos de Ramón SL, Alberto Souto, e de Costiña SL, Alfredo Rodríguez; dúas empresas locais moi representativas no sector e que deron unha visión da importante incidencia que ten o sector da madeira nesta comarca.

Na súa intervención, o titular de Industria explicou o apoio da administración autonómica nesta materia, salientando que este se verá incrementado a través de dita Axencia, pois segundo indicou, “as competencias da mesma comezan a partir de que a madeira entra na cadea, aportando un impulso aos grandes recursos forestais que ten Galicia en xeral, a provincia de Lugo e esta comarca -a Mariña Central-, en particular”.

Galicia é xa unha potencia forestal europea e ten un potencial de crecemento de case o 100%. Asemade, Lugo conta coa maior superficie forestal de Galicia (656.842 hectáreas), seguida por Ourense (575.264), A Coruña (501.586) e Pontevedra (296.988). Por iso, tanto Elena Candia como Rosa Arza, valoraron positivamente a iniciativa do Goberno galego, pois contribuirá a impulsar a xestión forestal profesional e a formación; favorecerá o investimento de capital financeiro no monte; incrementará a relación entre deseño industrial e madeira, xerando valor engadida; incorporará aos prescriptores, arquitectos, deseñadores, empresas de rehabilitación á  cadea de valor da madeira; promoverá os códigos técnicos de utilización de madeira en ámbitos como a construción, deseño de interiores, embalaxe industrial e comercial, así como a transferencia de coñecemento dos centros de innovación ao sector e os biocombustibles (especialmente biomasa), valorizando residuos de outras actividades forestais.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com