A Audiencia Provincial de Lugo acollía hoxe o xuízo do acusado de agredir sexualmente a unha menor que se atopaba baixo os efectos do alcohol o día de Aninovo de 2020 nun garaxe da cidade de Lugo. O mozo, que recoñeceu os feitos, aceptou a condena de catro anos de cárcere; malia que, nun primeiro momento a fiscalía pedía 9 anos de prisión. Con todo, o procesado, de orixe Colombiana, deberá volver ao seu país ao cumprir a metade da condena e non poderá volver a España polo menos en 5 anos.
Segundo o Ministerio Fiscal os feitos tiveron lugar en torno ás 5 e media da madrugada do pasado 1 de xaneiro de 2020, cando o condenado atopou á moza nun importante estado de intoxicación etílica nas inmediacións da praza Maior e a dirixiu a un garaxe apartado da rúa Jacinto Calvo Senador; aproveitándose, en palabras da Fiscalía, do estado de sumisión química no que se atopaba a menor.
O Ministerio Público narra a agresión facendo fincapé no intento de penetración, un feito que o acusado non conseguiu realizar ao seu sorprendido por un viandante que escoitou os berros da menor. O mozo é considerado responsable dun delito de agresión sexual en grao de tentativa e ten prohibido achegarse á menor ou comunicarse con ela durante un período de 10 anos.