A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou o axente da Policía Local que atropelou mortalmente unha muller en agosto de 2016 a indemnizar ao neto da vítima con 30.400 euros. A responsabilidade civil directa recae na compañía aseguradora e, a subsidiaria, no Concello de Lugo. As partes chegaron a un acordo no ámbito penal, segundo o cal o acusado aceptou ser condenado a pagar unha multa de 900 euros como autor dun delito de homicidio por imprudencia menos grave.
O xuízo reduciuse a determinar se a falecida vivía co seu neto, algo que a Audiencia considera acreditado na sentenza.