A Audiencia Provincial de Lugo condena a un home de 44 anos de Lugo, a un ano e 6 meses de prisión por vender estupefacientes. Os feitos remóntanse ao 17 de abril de 2014 cando o acusado, que responde ás iniciais L.Q.V., entra en contacto con outro lucense maior de idade nas proximidades da Porta San Pedro, onde lle entrega unha bolsa con heroína cun peso de 0.086 gramos a cambio de 10 euros.
Todo o movemento foi visto por dous axentes da Policía Local da cidade quen interviron na operación, incautando a ambos homes tanto a droga como os cartos.
L.Q.V. foi condenado pola Audiencia Provincial por un delito contra a saúde pública a un ano e seis meses de cárcere e unha multa de 10 euros con responsabilidade penal subsidiaria de un día ademáis do comiso da sustancia e os cartos intervidos e o pago das costas xudiciais.