Na crónica xudicial, o xulgado do Penal número 1 de Lugo vén de condenar a unha multa de 2.160 euros a un home acusado de facerlle proposicións sexuais a unha menor a través dunha aplicación de mensaxería instantánea. O home negou os feitos no xuízo e intentou convencer á maxistrada que as mensaxes puideran ser enviadas pola súa filla que, naquel momento, tiña 8 anos de idade. Tamen declarou o acusado que el podería quererllos mandar a outra persoa pero, por erro, envioullos á menor que, naquel momento, tiña 15 anos.
O Ministerio Fiscal solicitaba unha condena de ano e medio de cárcere e unha orde de afastamento por dous anos pero a xuíza considerou poñerlle unha multa de 2.160 euros e un ano e medio de afastamento ademáis dunha indemnización económica á vítima por danos morais. O acusado recurriu a sentenza ante a Audiencia provincial alegando que non houbera proposta sexual, pero o tribunal concluíu que os mensaxes enviados só podían interpretarse como unha pretensión de obter favores sexuais da menor. Os feitos xulgados tiveron lugar en outubro de 2015.