O pasado mes de xuño, a plataforma Convivencia ética coa fauna salvaxe (ConÉtica) requiriu á Xefatura Territorial dá Consellería de Medio Ambiente de Lugo os resultados dos dous campionatos de caza de raposo que se realizaron o 9 de febreiro do 2019 na provincia de Lugo, o campionato social que tivo lugar en Terra Chá e a Xuntanza de raposeiros que se emprazou en Portomarín. Estes tecores deberían comunicar á Administración no seguintes quince días ao campionato os resultados da cazaría.
A contestación da Xefatura Territorial a este requirimento de información foi comunicada en novembro, despois de ter que acudir a plataforma á valedora do pobo. Os datos do tecor de Terra Chá foron entregados o 27 de xuño de 2019, catro meses máis tarde da obriga legal. Os do celebrado en Portomarín notificáronse pola Federación de Caza o 11 de novembro de 2019, case nove meses despois da data límite, non especificando cantas capturas houbo en cada tecor, facendo un cómputo global. En ambos casos a información foi entregada despois requirimento por parte de ConÉtica.
Estes incumplimentos considéranse infraccións graves na Lei e no Regulamento de Caza vixentes e deberían supoñer a denegación da aprobación do plan anual de aproveitamento cinexético da tempada seguinte nestes tecores, así como a non concesión de novas autorizacións ou a revogación das actividades xa autorizadas. Como reza o regulamento de caza de Galicia “O titular do Tecor ou o organizador da cazaría estará obrigado a resumir nun impreso oficial o resultado das cazaría autorizadas, enviándoo ó Servizo Provincial de Medio Ambiente Natural dentro dos quince días seguintes á súa realización. A dita comunicación constitúe un requisito inescusable para a concesión de novas autorizacións ou para o mantemento dás xa autorizadas, de xeito que o seu incumprimento daría lugar á revogación dás actividades do calendario xa autorizadas”.
Así mesmo, a plataforma cidadá, denuncia que os tecores infrinxen o regulamento ao non comunicar datos como os cazadoiros nos que terá lugar o campionato, ou número aproximado de cazadores e de mandas de cans, a lo menos 10 días antes batidas. Convivencia ética considera que estes datos deberían ser feitos públicos pola Administración para dar seguridade a aquelas persoas non cazadoras que tamén reclaman o seu dereito ao uso pacífico do monte.
A Xunta, deste xeito, estaría a autorizar cacerías ano tras ano sen un coñecemento real da situación da fauna e aprobando as batidas que poden alterar gravemente o equilibrio ecolóxico como no caso do despunte da rata toupe na provincia de Lugo. Sen datos fiables en tempo, non se manexan estimas poboacionais fiables das especies cinexéticas nin información sobre como son afectadas as especies tras estas accións de caza, concedéndo permisos para campionatos de raposo durante anos consecutivos nos mesmos tecores, como no caso de Portomarín onde este 8 de febreiro volverá realizar a Xuntanza de Raposeiros, tras incumprir manifestamente o regulamento de caza.
A Plataforma ConÉtica presentou unha denuncia o pasado 17 de decembro ante a Xefatura Territorial de Medio Ambiente polas infraccións mencionadas requirindo información ao respecto. A denuncia está aínda sen resposta incumplindo, ademáis a lei de transparencia e o Convenio de Aarhus.