Esta mañá, o Subdelegado do Goberno, Ramón Carballo, acompañado do presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Francisco Marín e o presidente da Asociación de Veciños Lucus Augusti, Jesús Vázquez, presentaron o proxecto de restauración hidrolóxico-forestal que se iniciará a principios de xullo.
Francisco Marín, destacou que este é un proxecto moi importante posto que é necesario manter o bo estado dos ríos e previr inundacións. Tamén aclarou que se aprobará a vindeira semana e que marcará moito, xa que o ano pasado xa foi un éxito.
Ademais, Marín, explicou, detalladamente cales serán os traballo a realizar para cumprir este proxecto, entre as que se encontran o acondicionamento e limpeza de cauces por medios manuais e maquinarias lixeira, eliminación de especies invasoras en zona de policía, tala e retirada de árbores secos, mortos ou caídos, apeo técnico de árbores por trozas, eliminación de obstáculos aislados, retirada selectiva de vertedoiros incontrolados de residuos e retirada selectiva de acarreos de sedimentos en cauces.
Para levar a cabo as actuacións de limpeza e mellora, incluiranse tres brigadas permanentes ata final de ano, que é ata cando dura a época de estiaxe. Estas briagadas, traballarán en 41km nos ríos dos concellos de Abadín, Baralla, Cospeito, Guitiriz, Lugo, Pastoriza e Xermade.
Por último, o representante dos veciños afectados, mostrou o seu agradecemento á confederación hidrógrafica e ao subdelegado do goberno, por levar a cabo este proxecto. Para el é un orgullo que se leve a cabo, xa que traballaron moito para conseguilo, facendo un estudo fotográfico con máis de 300 fotos no que se denunciaba a mala situación dos ríos, pontes, etc. pedindo a actuación de limpeza e mellora.
Para Jesús Vázquez é moi importante “pasar dos aspectos representativos aos participativos, nos cales os protagonistas non son só as autoridades, que dignamente e por mandato do pobo nos representan, senon tamén os veciños que temos que dicir. Nos sentímonos protagonistas dos 250.000€ que se van investir, porque se contou con nós, porque se pediu a nosa opinión, e xa se visitaron e anlizaron os sitios”.