A Confederación Hidrográfica non demolerá a rotonda da ponte de Paradai

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil non ordenará a demolición a rotonda situada na ponte de Paradai, pese a que unha resolución do organismo advertía nos últimos días de que o promotor da obra, o Concello de Lugo, realizou a infraestrutura sen a debida autorización e invadindo o dominio público hidráulico.

Con todo, o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Paco Marín, instaba ao concello a pedir a correspondente autorización canto antes para poder legalizar o proxecto. “Vaise demoler? Non. É unha obra moi necesaria e non pretendemos demolela. Pero o promotor debe pedir autorización”, sentenzaba Marín ante os medios de comunicación.

O prsidente da Confederación Hidrográfica aclaraba deste xeito algúns aspectos da resolución do expediente sancionador aberto contra esta obra e que se saldou cunha multa ao concello e no que se instaba a priori ao derrubamento da rotonda.

Sobre a resolución sobre o dique no río Miño correspondente ás obras da Fábrica da Luz, Francisco Marín sinalou que nin o concello nin a empresa Inca presentaron aínda recurso algún para recorrer a decisión da Confederación de derrubar esta infraestrutura.

Marín explicou que, malia que a obra contaba coa declaración de impacto ambiental favorable, a ataguía instalouse ata 150 máis arriba do que figuraba no proxecto, polo que deixa de estar amparada por dita declaración.

Se finalmente ou o concello ou a empresa deciden presentar ditas alegacións, Marín aclarou que será o Ministerio de Medio ambiente o que teña a última palabra.

No referente á praia fluvial prevista na contorna de Los Robles, o presidente da Confederación aclarou que, na súa opinión, é “autorizable” pese a estar nunha zona protexida. Con todo, explicou que finalmente non se lle deu o visto e prace porque o promotor, a Deputación de Lugo, non tramitou a súa autorización en tempo e forma e deixou pasar os 18 meses de prazo que marca a lei, obrigando ao arquivo do expediente.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com