Hoxe no Centro Social Uxio Novoneyra a profesora da Universidade da Coruña Pilar García Negro ditou unha conferencia feminista. A charla tivo como tema principal “aprender e reflexionar sobre a vixencia do pensamento de Simone de Beauvoir na súa obra pioneira: O Segundo Sexo”.
García Negro foi parlamentaria polo BNG no Parlamento Galego entre os anos 1989 e o 2003. Nada en Lugo, hai anos que vive na cidade da Coruña, onde desenvolveu a maioría da súa actividade, tanto no ensino como no eido cultural e político.