A asociación cultural Ateneo Nacionalista de Lugo organiza este mércores 21 de Febreiro ás 19:30 horas na Biblioteca Nodal de Lugo, a conferencia de Carlos Mella baixo o título “O Nacionalismo en Castelao. Existencia real e presenza política.
Carlos Mella, é presidente da Fundación Castelao, e autor de importantes traballos sobre economía e política como “A falacia do economicismo” ou “A Galicia Posible”.
Mella foi elixido deputado por UCD nas primeiras eleccións ao Parlamento de Galicia (1981). Posteriormente involucrouse no proxecto de centro galeguista, Coalición Galega co que consegue acta de deputado nas eleccións de 1986; partido que abandonaría para secundar a escisión que deu orixe ao Partido Nacionalista Galego, A súa vez Mella tamén deixaría esta organización, xunto a Luís Cordeiro, logo dunha serie de enfrontamentos, para quedar como independente no Parlamento Galego.
En 1994 encabezou a candidatura do BNG ao Parlamento Europeo, mais non saíu elixido; tamén foi Presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega